APRENDIZAXE EN GRUPOS COOPERATIVOS

Plan de Formación en Centros do CEIP A Rúa
Curso 2009-2010

27 abr. 2010

Resumo das sesións realizadas

  1. 1ª Sesión : Presentación do PFAC, Avaliación inicial
  2. 2ª sesión: Aprendizaxe individual, competitiva e cooperativa
  3. 3ª Sesión: Titoría entre iguais: lectura en parellas.
  4. 4ª sesión : Puzzle, Ensino recíproco, Grupo de investigación e Titoría entre iguais
  5. 5ª SESIÓN: Material bibliográfico e aspectos teóricos da aprendizaxe cooperativa
  6. 6ª SESIÓN: Presentación multimedia de Père Pujolas
  7. 7ª SESIÓN:Carles Monereo: Aprendendo a cooperar
  8. 8ª SESIÓN e seguintes: Programación e posta en práctica de actividades
  9. XOGOS COOPERATIVOS
  10. DOCUMENTACIÓN DE INTERESE

1ª Sesión : Presentación do PFAC, Avaliación inicial


  • Avaliación inicial: Cubrimos un cuestionario sobre o noso coñecemento da Aprendizaxe Cooperativa.
  • Presentación do PFAC: Nunha presentación de diapositivas repasamos os principais aspectos do proxecto que presentamos ó CEFORE.
  • Dinámica dos cubos, que nos serviu de reflexión sobre a práctica docente. Lembrades? "Facer o maior número de cubos posible".
  • Para finalizar, fixemos unha pequena posta en común que resultou moi enriquecedora.

CALENDARIO PFAC


2ª sesión: Aprendizaxe individual, competitiva e cooperativa


  • Contamos cadrados, elipses e triángulos de xeito individual, competitivo e cooperativo, para valorar as diferencias entre cada modelo. As figuras están extraídas do material NEA da UNESCO.
  • Analizamos individualmente as actividades diarias que facemos na aula e as clasificamos en individuais, competitivas e cooperativas. A continuación valoramos as vantaxes e inconvenientes de cada modelo.
  • Xa en grupo, puxemos en común as nosas reflexións sobre o modelo máis frecuente, o menos frecuente, as coincidencias e as aportacións de cara ó debate.
  • Na posta en común grupal, tratamos de chegar a conclusións, destacando sobre todo a necesidade de acadar o equilibrio entre as tres estructuras de aprendizaxe.
  • Finalmente, analizamos a comparativa de Johnson e Johnson.

De Johnson e Johnson, 1991, elaboramos este cadro que resume as características xerais dos tres principais tipos de organización da aprendizaxe: individual, competitiva e cooperativa.


De Johnson e Johnson, 1991, elaboramos este cadro que resume as características xerais dos tres principais tipos de organización da aprendizaxe: individual, competitiva e cooperativa.



3ª sesión: Titoría entre iguais, a lectura en parellas


  • Comezamos pola dinámica de "Formar Cadrados", que nos permite tomar conciencia das distintas estratexias que temos que por en práctica no traballo cooperativo.
  • A continuación, visionado do vídeo "Lectura en Parellas", como exemplificación da modalidade de aprendizaxe cooperativa "Titoría entre iguais".
  • Sobre ese vídeo fixemos un traballo en parellas que incluíu a descrición dos distintos aspectos que caracterizan esa modalidade de aprendizaxe: obxectivos, participantes, formación inicial, formación das parellas, roles do titor, titorando e mestre, actividades por sesión, situación física do alumnado, método PPP (pausa, pista e premio) e a valoración dos participantes.
  • Despois chegou o momento de reflexionar, tamén en parellas, sobre a experiencia: vantaxes, inconvenientes, posibles aplicacións a outras áreas ou idades, conclusións, críticas, etc.
  • Rematamos, como sempre, cunha interesante posta en común.

O material que vos adxunto é:
  • Dinámica de "Formar Cadrados".
  • Para as profes de Educación Infantil: Distintas propostas de actividades a partir desta dinámica pero adaptadas a esta etapa.
  • Enlace do vídeo "Lectura en parellas" para que o podades ver con calma.:
http://www.edu3.cat/Edu3tv/Fitxa?p_id=17247&p_ex=llegim%20en%20parella
  • Ficha-resumo da experiencia "Lectura en parellas" reflexada no vídeo. Está nun cadro ó final deste enlace:
http://antalya.uab.es/ice/grai/index_archivos/Page1202.htm


Formar cadrados.odtFormar cadrados.odt
22K Abrir como documento Google Transferência
Formar cadrados_adapt_infantil.odtFormar cadrados_adapt_infantil.odt
21K Abrir como documento Google Transferência


4ª sesión : Puzzle, Ensino recíproco, Grupo de investigación e Titoría entre iguais


Traballamos en grupos cooperativos utilizando a modalidade de Puzzle, cos textos do libro "Entramados..." de Carles Monereo da Universidad Autónoma de Cataluña.
As modalidades que vimos son: Ensino Recíproco, Puzzle e Grupo de Investigación. O desenvolvemento da sesión incluiu:

  • Lectura en grupos do textos correspondentes donde se reflexan as distintas modalidades a través da narración de situacións diversas que se dan nun instituto.
  • Elaboración grupal da ficha técnica do método: Nome, composición dos grupos, descripción da actividade, fases de aplicación e outros aspectos a destacar.
  • Elaboración individual da ficha resumo dos catro métodos vistos ata o momento: Ensino Recíproco, Puzzle, Grupo de Investigación e Titoría entre Iguais (vídeo "Lectura en parella").
  • Posta en común.

Nesta ocasión soamente vos adxunto a referencia do libro de Monereo, xa que as características técnicas de cada modalidade aparecerán na presentación que vos enviarei o próximo día.


  • MONEREO FONT, C. y DURÁN GISBERT, D. (2001): Entramados. Métodos de aprendizaje cooperativo y colaborativo. Barcelona: EDEBÉ.


5ª SESIÓN: Material bibliográfico e aspectos teóricos da aprendizaxe cooperativa


  1. Vimos unha presentación esquemática, que vos adxunto, dos aspectos teóricos da aprendizaxe entre iguais.
  2. Comentamos o tema da docencia externa.
  3. Vimos o material bibliográfico adquirido para o PFAC que, de momento, estará nun recanto na aula de PT a disposición de todo o profesorado. Este material inclúe:
  • 9 Ideas clave. El aprendizaje cooperativo.
  • Técnicas de dinámica de grupo (ICCE).
  • Técnicas de grupo para educadores (ICCE).
  • 150 juegos no competitivos (Tikal).
  • Educar en valores (Aljibe).
  • 500 actividades con grupos. Dinámicas, técnicas y recursos.
  • Del acoso escolar a la cooperación en las aulas (Pearson).
  • La conversación en pequeños grupos en el aula.
  • Juegos cooperativos y creativos de 6 a 8 años.
  • Juegos cooperativos y creativos de 8 a 10 años.
  • Juegos cooperativos y creativos de 10 a 12 años.

PFAC_Aspectos teoricos.pptPFAC_Aspectos teoricos.ppt
216K Visualizar Transferência


6ª SESIÓN: Presentación multimedia de Père Pujolas


Comezamos cunhas presentación de Pere Pujolas sobre a aprendizaxe cooperativa dende a perspectiva da atención á diversidade que vos adxunto para velas con calma. As utilizou nun curso que impartiu no ano 2008 organizado polo CEFORE de Pontevedra, e que tamén aparecen recollidas no Blog Bitácora Cooperativa. Nelas aparecen os tres ámbitos nos que hai que incidir, e están explicadas moitas dinámicas previas á aplicación dunha técnica de aprendizaxe cooperativa propiamente dita.

Para finalizar, fixemos a posta en común na que algúns de vós comentastes o proceso de aplicación de aprendizaxe en grupos que xa estades facendo nas vosas aulas. Xenial!!!


PROGRAMA1-1.pptPROGRAMA1-1.ppt
227K Visualizar Transferência
PROGRAMA2-1.pptPROGRAMA2-1.ppt
166K Visualizar Transferência
PROGRAMA3-1.pptPROGRAMA3-1.ppt
501K Visualizar Transferência
PROGRAMA4-1.pptPROGRAMA4-1.ppt
369K Visualizar Transferência



7ª SESIÓN:Carles Monereo: Aprendendo a cooperar

Recén chegados/as das vacacións de Semana Santa, os/as profes convertémonos en alumnos/as e tivemos a sorte de compartir unhas horas con Carles Monereo, que se desprazou ata Cangas para ofrecernos a conferencia: “Enseñar a cooperar...cooperando”.



Esta actividade enmárcase no Plan de Formación en Centros para o profesorado que estamos levando a cabo neste curso 2009-2010, e que ten por título: “Aprendizaxe en grupos cooperativos”

Carles Monereo Font
é Doutor en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, e actualmente exerce a docencia nesa mesma Universidade.
Ten máis de 50 obras publicadas e imparte diversos cursos e conferencias a nivel nacional e internacional. Premede no seu nome para acceder a súa páxina web.

A súa participación consistiu nunha exposición teórico-practica dos principios básicos da aprendizaxe cooperativa, que xa estamos introducindo nas aulas.


Para nós foi un privilexio ter a oportunidade de contar coa súa persoa, cos seus coñecementos e coa súa experiencia no eido educativo e dende aquí queremos agradecerlle a súa disposición, a súa proximidade e o seu bo facer.



8ª SESIÓN e seguintes: Programación e posta en práctica de actividades


Como as últimas sesións as adicamos á programación das actividades, inclúo en primeiro lugar a plantilla de programación para que poidades describir as vosas propostas. Lembrade que é simplemente un dos posibles modelos, podedes incluír os apartados que queirades ou facelo con outro tipo de documento que vos sexa máis práctico.

Tamén vos envío o
material de Carles Monereo: a presentación e os documentos cos que traballamos nesa sesión.


Pauta programacion.odtPauta programacion.odt
75K Abrir como documento Google Transferência
Informacionbaseparapuzzle.docInformacionbaseparapuzzle.doc
48K Ver em HTML Abrir como documento Google Transferência
TAREAS_COOPERATIVAS_2003.docTAREAS_COOPERATIVAS_2003.doc
22K Ver em HTML Abrir como documento Google Transferência
Testasignaciongrupal.docTestasignaciongrupal.doc
13K Ver em HTML Abrir como documento Google Transferência
Presentacion Monereo.pptPresentacion Monereo.ppt
1101K Visualizar Transferência


XOGOS COOPERATIVOS


Xogos para a cooperación e a paz, elaborados por Antonio Vicent, inclúe varias categorías de xogos:

Xogos cooperativos para a convivencia sen violencia, na web de Educarueca.



Problemas de matemáticas con claves para resolver en grupos, na web Indice de Matemática.

DOCUMENTACIÓN DE INTERESE


1. Bitácora cooperativa, blog que recompila a experiencia dun curso de formación, que contou cos relatores Concepción Breto Güallar, Fernando Trujillo, José Ramón Lago e Pere Pujolàs Masset, e que inclúe tamén algúns dos seus traballos.

2. Introdución á aprendizaxe cooperativa, documento de 42 páxinas, de Pere Pujolàs Masset, moi completo.

3. Presentación elaborada por Fernando Trujillo.

4. Na web de Idoneos.com atopamos materiais variados sobre técnicas participativas, elección de técnicas e implicacións pedagóxicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario