APRENDIZAXE EN GRUPOS COOPERATIVOS

Plan de Formación en Centros do CEIP A Rúa
Curso 2009-2010

13 dic. 2010

Visita de alumnos/as da ESO

Como parte da experiencia de Apadriñamento Lector, tivemos a sorte de contar coa visita de nove alumnos e alumnas de 2º da ESO do Instituto de Rodeira. Viñeron a expoñer o traballo que fixeron o ano pasado sobre o libro USHA de María Reimóndez, que estamos lendo en voz alta nesta primeira fase de preparación.

Despois da exposición, que prepararon de xeito voluntario fóra do seu horario lectivo, léronnos en voz alta varios capítulos do libro, primeiro en pequenos grupos e despois para toda a clase, converténdose así nos nosos padriños e madriñas simbólicos. Tendes fotos e máis información no blog de Auladiver.

Aquí vai un vídeo cun momento da lectura:


video

Moitas grazas aos alumnos e alumnas da ESO pola visita e noraboa polo voso traballo!!!

2 comentarios:

  1. Que experiencia tan interesante, unidos pola lectura.

    ResponderEliminar
  2. Lazos que fan memoria. Grazas pola vosa acollida e feliz apadriñamento lector.

    ResponderEliminar